stes días están na casa. Teñen de tres a trinta e son un ben prezado, escaso, necesario urxentemente nunha sociedade que envellece a ollos vista. Parecen distintos aos doutras fornadas, pero teñen as mesmas inquedanzas, as mesmas inseguridades, a mesma necesidades de ser ben educados, enténdase no senso de que os eduquen ben.
E aí o problema, educar en tempos revoltos, se me permiten a evocación. De educar dan os dicionarios das academias da lingua distintas prioridades, o da RAE elixe «dirixir, encamiñar, doctrinar» e a RAG «formar intelectual e moralmente unha persoa para que viva en sociedade».
Alén da semántica, a maior dificultade que teñen os axentes educativos -familias e profesorado- é o profundo cambio de modelo sufrido pola sociedade. Como dirixir as crianzas cando os valores sociais non son claros? Como exemplarizar cando os modelos son tan contraditorios como os que se ven en televisión ou na rúa?
Máis tras das aparencias adversas están os valores útiles a calquera sociedade, os que serven tanto para ser boa xente como para adquirir as competencias para valerse na vida coas mellores garantías.
Aí familias e profesorado teñen o reto de formarse para formar, e as administracións o de dar programas de formación pois, incluso en tempos de recortes, todo o que axude a conseguir unha mellor cidadanía debe ser unha prioridade.