Se falamos de demografía deberíamos falar da medición, interpretación e análise dos datos, das proxeccións, das previsións e dos movimentos da poboación en base a supostos que inclúen tamén variables non demográficas. Quero falar de aspectos non demográficos que a meu modo de ver teñen unha causa importante na evolución poboacional do Concello de Ferrol. Nunha primeira impresión se preguntamos por que Ferrol leva perdendo poboación continua nos últimos vinte anos, a resposta inmediata é pensar que a crise da industria naval é a causante única. É uhna resposta fácil que non nego, pero debemos analizar qué ofrece Ferrol para que sexa unha cidade atractiva. Doutra banda, Ferrol forma parte dun territorio integrado polas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal cunha poboación estable duns 207.000 habitantes ao longo do tempo que nos leva a pensar que a crise naval foi importante pero non é totalmente determinante na caída demográfica. Hai outros elementos influintes.
En primeiro lugar, gustaríame falar da planificación do territorio nun ámbito supramunicipal. Así, a Mancomunidade naceu en 1971 co obxetivo principal de ordenar o territorio, loitar polo desenvolvemento e a promoción da comarca. A ordenación e planificación do territorio mancomunado debería ser un dos primeiros eidos de actuación. Desgraciadamente non se fixo, o que provoca unha distribución residencial no territorio que se guía moitas veces por criterios especulativos e non racionais e moito menos tendo en conta aspectos de sostenibilidade. En segundo lugar, esa planificación do territorio no ámbito municipal semella que non deu os resultados esperados. É verdade que a nosa cidade foi unha das primeiras en facer unha planificación mediante o Plano Urbanístico. Pero algo debeu fallar cando o seu desenvolvemento non foi o esperado. Un exemplo é como se construíron as edificación ao longo da carretera de Catabois, donde hai dúas líneas continuas de edificacións con certo desorden e unha falla de servizos e áreas de esparcimento.
Por outra banda, a rehabilitación debe implicar non só recuperación de edificios. Necesitamos conxuntamente señas de identidade e servizos propios dunha sociedade complexa como a actual para que veña xente nova aos cascos históricos. En terceiro lugar, hai unha serie de servizos públicos imprescindibles. Os barrios careceron durante moitos anos de servizos básicos. Refírome a escolas infantís, centros de atención a dependentes e maiores... Por último, a inestabilidade política do Concello impediu que a planificación e o sosego presidiran a actuación municipal.
Non podemos quedarnos neste aspecto do análise de causas non demográficas. Debemos arriscar e plantexar solucións. Outras cidades, moitas, o conqueriron. Nós tamén o faremos.