«O PSOE reconciliouse con Ferrol e a comarca»

Miguel A. Souto

FERROL

Co Plan Ferrol como bandeira, Carro cre que están postas as ferramentas para o desenrolo da comarca

07 mar 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Medrou en experiencia e, aos seus 44 años, o cedeirés Xavier Carro está seguro de que vai entrar por segunda lexislatura no Congreso.

-¿Aumentará o apoio ao PSOE na comarca de Ferrol?

-Eu creo que aquí, especialmente. O Partido Socialista no 2004 era moi distinto ao de hoxe na comarca. Nesta lexislatura o PSOE reconciliouse con Ferrol e a comarca, e tamén co sector naval.

-Impulsou vostede directamente o Plan Ferrol. ¿Cre que os resultados estanse a palpar de verdade?

-Créoo porque mo din moitas persoas que viven os resultados día a día. E hai unha proba clara: o PP pasou catro anos opoñéndose ao Plan Ferrol e decindo que non servía para nada, hasta que Arsenio e Juncal dirixíronse á Asociación Impulsora para decirlles que, si Rajoy gañaba, aprobaría un novo Plan Ferrol. E levaron un corte tremendo, porque lles dixeron: non queremos outro plan Ferrol senón este, porque está funcionando ben. A partir dese intre houbo un cambio de posición no PP, que eu celebro.

-¿E celebra o traballo feito en infraestructuras?

-Se puxeron máis presupostos que nunca, pero aínda así as necesidades seguen sendo inmensas. O que significa que estabamos certamente atrasados.

-¿Cal e o seu compromiso co AVE?

-O eixo atlántico é Ferrol-Tui, e por tanto o compromiso do presidente Touriño de que estará rematado o 2012 inclúe a Ferrol. E traballarei para que se vaian acelerando todos os trámites.

-¿Qué iniciativas parlamentarias súas destaca polo seu impacto en Ferrol?

-Nas políticas sociais a Lei de Dependencia é a máis importante, e ten moita repercusión en Ferrolterra. E síntome especialmente orgulloso de ter sido ponente da lei que regula a subcontratación na construcción, unha norma que afecta a centos de miles de traballadores e prohíbe a subcontratación en cadea.

-A oposición dixo de vostede que estaba máis na defensa da xestión do Goberno que na da comarca.

-Eu defendo os intereses da comarca porque para iso estou elexido, e si non pudiera defendelos marcharía. Me parece que son mostra suficiente o Plan Ferrol e iniciativas coma o traspaso do Hospital Naval, a transferencia do colexio Juan de Lángara ou a resolución do problema do IBI de Navantia.

-¿E o PP non garante esas melloras?

-Están postos os elementos e as ferramentas necesarias para o desenrolo da comarca, e necesitamos estabilidade, tempo e traballo. Si se produce un cambio de goberno, non teriamos garantía de que se mantiveran as inversións.