A comarca enteira se suma á festa en memoria de María Mariño As actividades previstas van desde música e conferencias ata funcións de teatro
16 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?n ano máis, Ferrolterra enteira celebra o Día das Letras, nesta ocasión dedicado a María Mariño, con actos que abranguen as máis diversas actividades. A las 17.30 horas, en el local social de San Xurxo, conferencia de Patricia Arias y música con la coral de Mandiá y un grupo de gaitas. No auditorio municipal de Narón, ás 20 horas, vaise poñer en escena unha comedia dramática de Gustavo Pernas Cora, Taras mínimas. Unha obra que sobe ao escenario baixo a dirección de Flor Maceiras. Exposición de Siro no Toxos e Froles. No Real Coro Toxos e Froles, decano dos coros tradicionais galegos, pode visitarse a exposición coa que Siro rende tributo ao legado visual de Pablo Picasso. A Asociación Veciñal de San Xoán-Bertón ten programado para hoxe, ás 12 horas, na praza que leva o nome de Rosalía de Castro, unha ofrenda floral en memoria deRosalía de Castro. Na Asociación Veciñal Olmo, en Pontedeume, pode visitarse hoxe unha mostra de artesanía tradicional galega. En Pontedeume, ás 12 horas, hoxe se entregan os premios do certame de relatos Vila de Pontedeume. Ás 13 horas, na praza real, actúa a agrupación folclórica Orballo. O Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene celebra o Día das Letras durante toda a xornada, cun programa que inclúe desde unha misapolos socios falecidos ata una conferencia, ás 20 horas, de Teresa Moure. O local da sociedade Amigos da Paisaxe acollerá ás 20 horas de hoxe varios concertos e lecturas de poemas. A biblioteca de Mugardos abre unha mostra sobre o libro en galego. Poderáse visitar de 12 a 14 horas, e de 18 a 20 horas. O grupo teatral Oquetiqueiras, de Narahío, ten programada para o próximo domingo, ás 19.30 horas, no seu local social, a representación da obra teatral O traxe novo do Rei. Unha obra pensada para públicos de todas as idades. O sábado, ás 18 horas, no Cantón, haberá un encontro de corais que servirá de marco á inauguración do Monumento á Música Tradicional, de Francisco Pérez Porto.