Castilla y León
La participación en las elecciones a las 14 horas sube dos puntos hasta el 36,9 %

As festas de Antroido arrancan hoxe nos concellos da comarca

La Voz LA VOZ | FERROL

FERROL

15 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? comarca da a benvida ao Antroido cos seguintes actos previstos para hoxe e mañá. Neda. Hoxe, ás 20.30 horas na pista do Roxal, festival de comparsas, seguido dun baile. Mañá, dende as 23 horas, baile na casa de cultura con premios e degustación de orellas. Mugardos. Ás 10.30 horas, pasarrúas de colexios e instituto, que rematará no pavillón cunha festa de disfraces. Mañá, en San Xoán de Piñeiro, bailes de Antroido ás 17 e 23.30 horas. Narón. Hoxe, festa na residencia de Euxa. Mañá desfile de comparsas dende as 18 horas, concurso na praza de Galicia ás 19 horas e verbena dende as 21.30 horas. En Freixeiro, festa mañá ás 17 horas. Ortigueira. Mañá, a compañía Fulano, mengano e citrano porá en escena o espectáculo Arte no Teatro da Beneficencia ás 20.30 horas. O domingo, festa de disfraces na Alameda dende as 17 horas, e concurso de doce de Antroido ás 20. Moeche. O Concello programa unha festa infantil para mañá a partires das 16.30 horas na nave de Basilio; ás 22, baile para adultos. ?ariño. Mañá sábado, obradoiros, xogos infantís e degustación de doces de Antroido na praza Roxa dende as 17 horas. Mañón. O pavillón polideportivo de O Barqueiro acollerá mañá, dende as 21.30 horas, unha festa de disfraces. ?erdido. A área recreativa de O Castro acollerá mañá, dende as 17 horas, unha festa infantil de Antroido con xogos, bailes e doces para merendar. ?aldoviño. A asociación cultural A Frouxeira organizará mañá un festival infantil na casa da cultura dende as 17 horas. ?res. Mañá, no centro cultural de Chanteiro, festa infantil ás 17 horas e para adultos dende as 23. ?an Sadurniño. Os actos principais do Antroido, organizados polo Concello, concentraranse mañá no centro cultural. De 11 a 12.30 horas, obradoiro para a construción de máscaras; ás 16.30 horas, festa infantil con xogos e doces; e ás 21 horas, baile para adultos con trofeos para as máscaras máis orixinais.