O edificio do antigo colexio Os Hexágonos vai ser derribado

FERROL

Fene Urbanismo denegou darlle a esta construción novos usos Os propietarios xa prevén levantar outro inmoble no recinto para facer un centro xerontolóxico

21 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? antigo edificio do colexio Os Hexágonos de Rego da Moa, emblemático en Fene pola súa peculiar estética e tamén polo feito de que xeracións e xeracións pasaron nel os seus anos de estudantes, vai ser derribado. Aínda que a pretensión dos seus donos, o grupo A Capela, era rehabilitalo para facer unha residencia de anciáns, os problemas con Urbanismo, que se prolongaron durante o último lustro, fan agora que os propietarios muden de iniciativa e teñan previsto xa a demolición. Iso, si, segue adiante a idea de facer un centro xerontolóxico nese mesmo recinto trala construción dun edificio novo. Dende o ano 2001, despois de mercar o edificio, o grupo A Capela leva intentando converter Os Hexágonos nun centro tanto de día como residencia para os maiores. Sen embargo, no último lustro atopáronse cun problema fundamental: as trabas que poñía Urbanismo da Xunta ao proxecto por tratarse dun edificio construído en zona rústica con cinco plantas. Sen embargo, e malia estes problemas, os propietarios continuaron no seu empeño e, como onte informaba o seu director xerente, Elías Paz, «se le dieron vueltas y vueltas a ver si al fin se solucionaba». Sen embargo, recentemente déronse conta de que a única posibilidade era continuar coa iniciativa derribando o actual edificio e construíndo un que dispoña de dúas plantas. Así, imprimíronlle un xiro de 180 graos ao proxecto e presentaron os papeis no Concello. Trátase de construír un edificio, que terá forma de estrela con tres picos, e montar nel a residencia, que terá arredor de 120 prazas. Os propietarios esperan que a demolición poida acometerse xa en abril. Sen embargo, os seus plans teñen que ser aprobados primeiro no Concello e logo na Xunta.