Catro pescadores seguen sin aparecer na costa desde o 2000

La Voz F.?F. | FERROL

FERROL

Cedeira Nos últimos seis anos rescatáronse oito cadáveres Seis persoas saíron vivas en caídas acaecidas entre os cabo Prior e Ortegal

06 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

?atro pescadores permanecen desaparecidos despois de caer ao mar na costa comprendida entre os cabos Prior e Ortegal dende o ano 2000. O último é o cedeirés Manuel Lorenzo Pardo, que saíu a coller percebes o 23 de novembro e nunca máis se soubo del. As outras tres persoas pasoulles o mesmo: a primeira era un pescador que desapareceu en Valdoviño no 2000; o segundo, un percebelleiro que se perdeu ese mesmo ano en Campelo. A terceira desaparición aconteceu en marzo do 2003 en cabo Prior: era un pescador. Os familiares doutras oito persoas tiveron o consolo de que aparecesen os seus cadáveres, que foron recuperados na mesma zona de litoral nos derradeiros seis anos, segundo datos facilitados pola Cruz Roja de Cedeira, que forma parte do dispositivo de emerxencia de Salvamento Marítimo, xunto coa salvamar Shaula, con base en Cariño. Ademais, outros seis pescadores se viron en serios apuros na costa, pero lograron saír sans e salvos. En total, dende o 2000, Cruz Roja de Cedeira participou no rescate de dezaoito persoas que caeron ao mar dende terra. Na súa maioría tratábase de pescadores e percebelleiros, algún mergullador e uns cantos afeccionados á pesca deportiva. Deles, doce faleceron e seis lograron sobrevivir. Esta estatística inclúe unicamente os accidentes ocorridos na costa. Quedan fora dela os naufraxios -como o do barco Nueva Codorniz no 2000, no que faleceron dous mariñeiros- e os bañistas arrastrados polas correntes.