A BOCA PEQUENA
02 abr 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Somos un grupo de nenos e nenas de Ferrol que queremos agradecer o traballo e a solidariedade de toda a xente que colaborou con Galicia para limpia-las nosas costas cando sufriron a catástrofe do Prestige. Debémonos sentir orgullosos. Isto amosa a sensibilidade e a inclinación que temos hacia a natureza coidando e respetando, cada vez máis, o medio ambiente. Cántas veces oíamos ós nosos maiores dicirnos aquelo de «apaga a luz», «non deixes corre-la auga». Sempre pensamos o mesmo: «aínda que eu o faga, os demáis non van facer nada, así que ¿de qué serve?». Pois si que serve. Está máis que demostrado que si que serve. Descenderon o número de incendios forestais, as nossas costas están máis limpas, temos enerxías alternativas coma a hidráulica e a eólica, e cada vez colócanse máis depuradoras de augas residuais. Non é a perfección, pero estamos seguros de que este é o camiño. Alejandro Estévez é alumno de 6ºA do Colexio Cristo Rey de Ferrol.