Encuentros en Radio Voz | Xavier Carro Garrote O cedeirés reclama o fin «do victimismo na comarca» e defende un plan de infraestructuras do PSOE que sitúa Ferrol no vértice entre o Cantábrico e Atlántico
09 mar 2004 . Actualizado a las 06:00 h.Aupado polo secretario de Organización do PSOE, José Blanco, e o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, Xavier Carro afronta a súa primeira reválida nunhas eleccións partindo practicamente de cero. Traballador da antiga Bazán, sindicalista da UXT e -apostilla el mesmo- gaiteiro, o cedeirés será cabeza de cartel dos socialistas de Ferrolterra como número 3 ao Congreso, por detrás da coruñesa Carmen Marón e o compostelán Ceferino Díaz. Onte, nos encontros electorais de Voces de Ferrol en Radio Voz, o candidato -e que segundo a enquisa de Sondaxe para La Voz obtería acta de deputado- desgranou algúns dos temas da axenda de campaña. Infraestructuras O principal reto para o vindeiro mandato. Segundo Carro e o revisado programa do PSOE, «o AVE para Ferrolterra no 2007 é posible e necesario». Ese escenario suporía, polo menos, tres anos de adianto sobre a previsión do PP e dar «prioridade ao eixe entre Ferrol e Portugal». O candidato contempla ese calendario como asumible, ainda que relegando a conexión con Bilbao. «Antes habería que mellorar as liñas de Feve para transporte de mercadurías, principalmente», agregou. Outro dos puntos quentes nese programa dos socialistas sería a posible separación dos portos de Ferrol e San Cibrao. «Non se pretende esa segregación, todo o contrario, o que contempla o programa dos socialistas -recalcou-é crear un ente de coordinación xeral entre todos os portos de Galicia». Estaleiros Carro sacou a súa vertente máis sindicalista para arremeter contra o PP «por dicir que os traballadores están instrumentalizando o convenio colectivo». O socialista asegurou que o Goberno «se despreocupou por completo de mellorar a carga de traballo en Fene». Reivindicacións «Quero ofrecer un novo escenario e que a esquerda poida respostar aos intereses que ten», dicía Carro antes de apostillar que el se conformaría «con ter un escano no Congreso e traballar dende alí». AGENDA PSOE. Mitin en Narón (Local social de Santa Cecilia). 19.00 horas.