Isaura González, matrona Isaura González naceu en Dumbría, en terras da Costa da Morte, pero vive en Neda dende hai anos. Cambiou o vento bravo do mar pola brisa que aloumiña as árbores e as ribeiras dos ríos, e agora é amiga de andar pola fraga do Belelle. Por ese tesouro escondido onde, no crecente da lúa, aínda deben de sentirse os berros dos moi cabalgadores fidalgos de Escandoi, que chaman polos seus mouchos para ir cazar. Ela de lúas entende bastante. E de nacementos, máis. É matrona, un dos mellores oficios que existen: ensínalles a nacer aos nenos que veñen de camiño. A Galicia do futuro, a que herdará o que non destrocemos, xa coñece a súa voz. E as súas mans.
01 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.Isaura é das que, por máis anos que pasen, non perde o entusiasmo pola súa profesión. Así que, para ela ¿traballa nos centros de saúde de Neda, Cariño e Ortigueira¿, cada hora de consulta, cada paciente (¿os seus chámanse pacientes...?) é un país enteiro, un mundo distinto, un universo por descubrir. E razóns, afirma, ten de sobras para iso, porque segundo explica non hai dous embarazos iguais. Ademais, tras falar con ela, a un quédalle a impresión de que a Isaura, a pesares da súa formación científica, de tanta fórmula química e de cousas así, aínda non se lle borrou a crenza de que os nenos ven cousas que nós xa non vemos, e que entenden, mentres son pequeniños, o que ao medraren deixarán de comprender. ¿Cada vez hai menos nenos. E todo o mundo anda preocupado por iso. ¿Non sei se é tan preocupante. ¿¿E logo? ¿Se non hai nenos, ao mellor habería que preguntar por qué. ¿¡Pois preguntemos...! ¿Creo que quizais nacerían máis nenos dos que nacen se as familias contasen con outro tipo de respaldo económico. Eu coñezo xente que ten dous pequenos e que me di que noutras circunstancias tería catro ou cinco. Pero non os pode ter. ¿¿E iso non é comprensible? ¿Sí, porque non se trata tanto de crialos, que tampouco é algo inasequible no económico, como de darlles o mellor que poidas darlles. Aínda que eu penso que estamos a confundir a calidade de vida ou, por dicilo doutro xeito, o ter moitas cousas, coa felicidade. E non é o mesmo. ¿De todas maneiras, tamén hai quen di que a tendencia á disminución do número de nacementos empeza a invertirse. ¿Non, non é así... ¿¿Non? ¿Non. Alomenos, nos concellos onde eu traballo o número de nacementos segue a descender. Pouco a pouco, pero descende. Pero a iso era ao que me estaba a referir antes: a que as familias, para ter máis nenos, necesitan apoio. Se as nais dispoñen do diñeiro necesario para contratar unha señora que lles axude a coidar os nenos, seguro que a tendencia se invirte. Porque é que, tal e como imos, o decrecemento do número de nenos aínda non tocou fondo. ¿Tamén hai quen di que as parellas cada vez teñen os nenos a máis idade, e que iso falsea en parte as estatísticas. ¿É certo que as mulleres deixan pasar máis tempo antes da maternidade, pero quen ten os nenos tarde é porque non pensa ter moitos. Confiar en que quen non tivo pequenos aínda vainos ter despois tampouco é unha panacea, precisamente. ¿Moi pesimista a vexo. ¿Pesimista non, pero é que tal vez temos que ir aceptando que Galicia pasará, nun futuro próximo, unha etapa con moita menos poboación da que hoxe temos. Que volveremos a niveis de hai séculos. O que pasa é que tamén chegarán inmigrantes. De todas maneiras... ¿Dígame. ¿Creo que imos saír adiante. Rexurdiremos. Xa o verás. ¿¿Retrasar a idade da xestación implica tantos riscos para a nai como se asegura? ¿Depende da idade. Unha muller é máis fértil entre os dezaseis e os vinteseis anos. A partires de aí, a fecundade vai diminuíndo e ademais, progresivamente, aparecen outro tipo de riscos, porque o corpo tamén cambia, avelléntase. Que a máis idade hai máis problemas, é certo. Pero eu teño unha amiga que acaba de ter o seu primeiro pequeno aos corenta e dous anos. ¿¿Como norma, que ten que facer unha embarazada? ¿Quererse. E coidarse. Os nenos, na a xestación, perciben máis sensacións das que pensamos. Non só os cambios no sabor do líquido amniótico, que é unha teoría, senón as emocións da nai. ¿Sabes que é o que axuda a que non baixe máis a natalidade? ¿Non. ¿A presión social ¿ri Isaura¿. ¡Se unha parella non ten ningún neno, ni os amigos nin a familia calan! ¿¿Vostede é moi partidaria da lactancia materna? ¿Por suposto. Porque non hai nada que poida substituíla. A lactancia é fundamental.