A formación independentista está convencida de que nunha das cláusulas do pacto entre Rodríguez Zapatero e Artur Mas se fixaba que a ERC, «nin augua».
14 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Aínda que nunca asistiu a clases de lingua galega, Carod-Rovira explicou na nosa lingua a posición de ERC no proceso estatutario. -O PSOE, e o señor Zapatero en particular, influíron decisivamente na miña saída do Goberno no 2004. E, aínda que agora diga que non, o PSOE está encantado de que Esquerra estea fora. Porque o que representamos non coincide nin co proxecto do PSOE nin cos seus protagonistas. Esquerra representa tres cousas singulares: o acceso ao Goberno duns sectores sociais que non pertencen ás cen familias de ascendencia catalá que dende hai un século mandan aquí. Nós somos de clases populares ou de clase media, non todos temos apelidos cataláns, e moita xente é de aldea. A maioría da xente en Cataluña somos así. Meu pai era un emigrante aragonés, miña nai era filla dunha familia humilde de pescadores cataláns. En segundo lugar, o perfil ideolóxico de Esquerra é claro: queremos un Estado independente para Cataluña, como o son dez dos países da UE máis pequenos que Cataluña, e ninguén os cuestiona. E por último, ERC é un partido transparente cunha ética democrática clara. Por iso estorbaba. -En absoluto. A dirección decidira o rexeitamento ao texto de Madrid e entendía como lexítimas as formas voto en blanco, voto nulo e o non. E entre estas tres optouse, por maioría, polo voto nulo. Cando fomos comunicarllo ás bases, dixéronnos que o voto nulo necesitaba un dobre investimento en argumentos e recursos, porque era difícil de explicar. As bases, de acordo coa oposición ao Estatuto, optaron polo non porque é unha forma clara e que todo o mundo comprende. -Un pode ter un ataque de cornos cando lle sacan o protagonismo en conseguir os seus obxectivos. Pero os nosos obxectivos non son este Estatuto. Non o podemos asumir como patrimonio. Nós chegamos ata o 30 de setembro. Entre Zapatero e Mas, Zapatero pon fin ao Goberno de esquerdas de Cataluña e Mas pon fin á ambición nacional do 30 de setembro. Ademais, estamos convencidos de que unha das cláusulas do pacto era que a Esquerra, nin auga. Eu creo que a dereita local fixo o que adoita a facer sempre: foi a Madrid por riba dos acordos do Parlamento catalán. -A miña intuición feminina xa me advertía dunha saída como esta. Zapatero é unha persona correcta, amable e cordial. Pero a súa cordialidade é ao máximo ao que chega o PSOE. Se a España plural é iso, non hai diferenza co PP. Polo tanto, constatamos que a esquerda española non quere un Estado plurinacional. -Hai instalada no Estado español unha actitude catalanofóbica que como mínimo ten un século. Cada vez que Cataluña pensa en dar un paso adiante xérase unha campaña catalanofóbica desde os medios de comunicación e un boicot aos produtos cataláns, excepto aos impostos. E a pregunta que se fai a sociedade catalá é ¿por que? ¿Necesitamos os cataláns a España por razóns de calidade de vida, para que funcionen os nosos aeroportos? Eu creo que España necesita a Cataluña e poderiamos chegar a un acordo se este fose igualitario.