Recursos interesantes

La Voz

ESCUELA

Fundación Biodiversidad

Así se chama unha fundación do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente cuxa función é «contribuír á protección e conservación do noso patrimonio natural e a biodiversidade, desde unha dobre vertente. A execución de grandes proxectos de conservación e a canalización de axudas e fondos -moitos deles fondos europeos- para o desenvolvemento de proxectos doutras entidades como oenegués, entidades de investigación, universidades, etcétera». Na súa páxina web atoparás abundante información acerca das súas iniciativas e as súas axudas á posta en marcha de accións de conservación de hábitats protexidos e especies ameazadas: http://bit.ly/1FwfKlJ

Biodiversidad Virtual

A páxina web http://www.biodiversidadvirtual.org/ é unha ferramenta estupenda para botar unha man no coñecemento da biodiversidade española. Son infinidade as persoas que colaboran nela día a día, achegando unha información que van atopando nos seus paseos. Ás veces, de forma tan fácil como ver un animal ou unha planta que non coñecen, facerlles unha foto co móbil e enviala a esta web para que a identifiquen os expertos. Grazas a iso estase coñecendo mellor a extensión e distribución da nosa biodiversidade.

Programa de censos de SEO/BirdLife

Na dirección http://www.seo.org/participa/censo/ podes atopar abundante información acerca do programa de censos de aves desta organización.