Resultados académicos en diversos países do mundo
04 dic 2013 . Actualizado a las 12:48 h.Decembro é o mes que elixiron para darnos os resultados académicos alcanzados por alumnos de 4.º grao en diversos países do mundo, incluída, por suposto, España, que segue «mantendo o posto». Por outra banda, as noticias e balbordo comparativo que xorden entre nós coa presentación da Lomce dá maior xogo a esta actualidade educativa polo mundo de resultados que PISA nos ofrece. Os recursos e citas de hoxe van en inglés. A ver se tedes sorte nas ligazóns, porque no de bilingüe-trilingüe incluso vainos moi ben.
1. SHANGHAI
O primeiro da lista
Sucedeu no 2010. Os educadores chineses quedaron sorprendidos ao decatarse que os seus alumnos de 15 anos, segundo o informe PISA (Program for International Student Assessment), obtiveran os primeiros postos en lectura, matemáticas e ciencias. E a sorpresa foi aínda maior, xa que se rumoreaba desde hai tempo que o de Shanghai repetirase de novo. Está claro que os resultados non poden estenderse a toda a nación, aínda que existen comarcas que obtiveron niveis moi parecidos nas súas respostas.
n ¿Pensamento e creatividade? Algúns expertos afirman, con todo, que o sistema educativo das escolas de China ten que dedicar unha maior atención ao desenvolvemento do sentido crítico, o pensamento e a creatividade. Un dos segredos destes logros pode estar no adestramento que teñen un 30 % dos profesores en activo para mellorar a súa actividade didáctica en clase.
n INFORME: «Experts predict strong PISA performance from students in Shanghai» (http://bit.ly/ievj03).
2. O MODELO FINLANDES
¿É aplicable en todas partes?
Finalandia converteu a educación nunha prioridade nacional e o seu éxito pode aplicarse a moitas nacións e repetirse. O Goberno comprobou que da educación depende o futuro e hoxe en día existe xa un acordo colectivo en toda a nación co fin de que todos os finlandeses teñan acceso a unha educación de clidade. A igualdade para todos é un elemento importante.
¿Tres profesores? Finlandia é unha nación pequena con cinco millóns de habitantes e o índice cultural e económico de toda a poboación é bastante homoxéneo. Algunhas clases están atendidas por tres profesores: un deles presenta e explica as leccións e os outros dous axúndalle atendendo aos alumnos que teñen algún problema na súa aprendizaxe.
3.Kim Ki-Hoon
Un profesor millonario en Corea do Sur
En Corea do Sur, onde os resultados académicos dos estudantes atópanse entre as máis altas nas avaliacións internacionals do Informe PISA e outros, aos mestres págaselles de acordo coa demanda que teñen as súas habilidades e competencia docente. Iso, por exemplo, inclúe a un profesor estrela de rock, Kim Ki-hoon, que gaña 4.000.000 de dólares ao ano ensinando nunha academia privada, á que acoden os alunos despois das súas clases. A maior parte dos seus ingresos anuais proveñen das descargas de vídeo en liña das súas leccións, que teñen un custo de catro dólares por hora.
¿77% de titulados «high school»? Dise que, grazas aos seus métodos e titorías, a educación en Corea do Sur avanzou notablemente: hai 60 anos a maioría dos seus habitantes eran analfabetos. Agora os seus alumnos de 15 anos alcanzaron no PISA o segundo posto como mellores lectores e un 93% dos seus habitantes logran un título en high school, comparado co 77% que o conseguen en Estados Unidos.
4 Australia
Cinco idiomas para elixir
Os programas bilingües para nenos e mozos adquieren un notable impulso en Australia: o chinés, o vietnamita, o alemán, o itlaiano e o grego son algúns dos idiosmas que os novos alumnos están a aprender en diversas escolas primarias e preescolaresen Yarra, Austrialia, onde a demanda de programas bilingües e de inmersión está a crecer dun xeito notable.
Cerebro infantil flexible: Kay Margetts, que obtivo na Universidade de Melbourne a especialidade en estudos da primeira infancia, di que o cerebro infantil é moi flexible, o que fai más facil a aprendizaxe de máis dun idioma. Pero advirte que para que o sistema sexa eficaz, é necesario que os nenos practiquen eses diferentes idiomas dunha forma regular e consistete e ademáis en múltiples contextos
Dúas décadas de Ponte nas Ondas
a asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas Ondas! Abre o parzo para inscribirse na próxima Xornada Multimedia de Comunicación, unha experiencia que comezou sendo de radio interescolar e foi medrando coas novas tecnoloxías que o próximo 30 de maio celebra vinte anos de historia. Nesta edición o contido de referencia para paticipar é o patrimonio común galego portugués. Trátse de que os centros de ensino e os seus alumnos elaboren contidos e os compartan na xornada a través da radio ou, por primeira vez, de produccións audiovisuais. A radio seguirá a ser protagonista importante. Os escolares poderán emitir dende unha radio próxima ao seu centro en colaboración cos profesionais do medio.
Se vos queredes enterar ben das categorías nas que podedes participar e dos fabulosos premios que podedes ganar, podedes chamar a Santiago Veloso, coordinador da asociación, ao teléfono 615 02 98 40 ou visitar a web pontenasondas.org.