Escuela de padres

La Voz

ESCUELA

TEMA DO MES: Separacións e divorcios.

ETAPA: Educación obrigatoria.

O DATO: O 54 % das parellas que se separan teñen fillos menores de idade (último dato publicado polo INE, do 2011).

COMPORTAMENTOS QUE SE DEBEN EVITAR: Utilizar aos fillos como arma para danar ao outro, colocándoos no medio dun lume cruzado.

ALGUNHAS CLAVES: Cando os adultos rompen a súa relación de parella, a seguridade e estabilidade dun neno cambaléase. Por iso os avós, tíos e outros parentes desempeñan un importante papel nesta nova circunstancia.

PARA SABER MÁIS: «Separámonos... ¿e os nosos fillos? Guía de actuación para proxenitores». Interesante e sinxelo manual elaborado polo Departamento de Servizos Sociais e Familia do Goberno de Aragón. Dispoñible en PDF en:

- http://www.aragon.es/estaticos/gobiernoaragon/temas/familias/documentos/guia_divorciov05.pdf