Volta a xuntanza anual das persoas maiores a Vila de Cruces o próximo 30 de xullo

N. G. LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

04 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O vindeiro día 30 de xullo, celebrarase a Xuntanza das Persoas Maiores de Vila de Cruces nas Insuas de San Ramón na parroquia de Gres, que chega a súa edición número 32. Os asistentes poderán gozar de música ó ritmo de Carlos Manteiga, misa, xantar, actividades, sorteos e baile.

A xuntanza conta cun aforo limitado, polo que é preciso inscribirse canto antes. O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe ata o xoves 17 de xullo, no departamento de Servizos Sociais do Concello de Cruces. O custo da entrada é de 25 euros a tarifa xeral, que se reduce a 15 euros para aquelas persoas de 60 ou máis anos que estén empadroadas no municipio. Os nenos e nenas de entre 0 e 5 anos poderán asistir de balde. O pago debe realizarse ao número de conta ES38 0030 6052 3108 7000 9271, e as entradas poden recollerse no Concello ata o día 17, entregando o xustificante do pago. Haberá transporte gratuíto para chegar ás Insuas de Gres.