Silleda abre o prazo para pedir o programa Concilia para o próximo curso escolar 26-27
SILLEDA
O Concello de Silleda xa abriu o prazo de inscrición para participar no programa municipal Concilia durante o curso escolar 2026-2027. A iniciativa está dirixida a alumnos entre os tres e os dezaseis anos para facilitar a conciliación familiar e laboral. Os beneficiarios deben estar empadroados no municipio silledense e poden acudir fóra do horario lectivo aos centros educativos, onde asisten a diversas actividades.
As inscricións deben formalizarse no rexistro xeral do Concello, de 15.00 a 21.00 horas, ou a través da sede electrónica municipal. O programa Concilia Silleda funcionará de novo de luns a venres, en horario de 15.00 a 21.00. Os días non lectivos nos centros educativos, agás os festivos do calendario anual, amplía os seus horarios, con atención de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00.
Os formularios de inscrición están dispoñibles tanto no rexistro como na páxina web do Concello de Silleda. A selección de participantes realizarse segundo o regulamento vixente do programa. Ao marxe do programa xeral do Concilia durante o curso escolar existen outras propostas específicas, que non inclúe. En concreto falamos dos campamentos de Nadal e de verán, que se ofertarán noutras datas diferentes.
Silleda Concilia forma parte do plan corresponsables da Xunta, que promove a igualdade e facilita a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias galegas.