En Taboada homenaxean ao seu párroco

La Voz LALÍN / LA VOZ

SILLEDA

A parroquia de Taboada (Silleda) celebrou onte unha sentida homenaxe ao seu párroco, Luís Fidel Galego García. O sacerdote, que ten 92 anos e 68 de sacerdocio activo, tivo que deixar recentemente algunhas das parroquias que atendía por razóns de idade, pero segue en Taboada ao pé do canón. Os fregueses, agradecidos, brindáronlle onte un xantar de homenaxe que rematou cun rosario como agasallo e unha foto de familia.