Fernández creará unha comisión para regular a actividade cultural

Amelia Ferreiroa LALÍN

SILLEDA

? alcalde de Silleda, José Fernández, convocará os colectivos que usan as dependencias da Casa da Cultura de Bandeira a unha reunión. O encontro non se fará agardar. Será a próxima semana e no transcurso do mesmo crearase unha comisión para regular toda a actividade da Casa da Cultura. «Ata agora Vista Alegre tomaba todas as decisións. Non é lóxico que unha asociación decida todos os movementos. Houbo problemas polos horarios e por propostas que presentaron outros colectivos», matiza o rexedor. A reunión do director xeral de Difusión Cultural coa directiva de Vista Alegre -a que non foi invitado o alcalde- foi motivo suficiente para tomar dita decisión.