02 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.
Os prezos do porco cebado seguen situados en valores de perda para o productor o non variar a cotización na mesa de valores celebrada onte na Lonxa Agropecuaria galega, en Silleda. Os leitóns melloraron dous euros en unidade e alivian algo a situación dos gandeiros despois de semanas críticas. A variación máis importante rexistrouna o coello, que perdeu onte 30 céntimos en kilo aínda que o impacto é menor xa que este producto operaba con bos prezos.