«Temos que mendigar que nos recollan a leite»

r. Ramos LALÍN / LA VOZ

RODEIRO

Míguez pon o acento na constante inseguridade na que vive o sector estes anos apuntando que «nunca estamos tranquilos».
Míguez pon o acento na constante inseguridade na que vive o sector estes anos apuntando que «nunca estamos tranquilos». M. Souto< / span>

Esta afectada do municipio de Rodeiro ten unha explotación de trinta vacas

09 jul 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Teresa Míguez, é unha das gandeiras de Rodeiro, afectada pola decisión de Leite Río..

-¿Cómo recibiron a noticia?

-Fomos os primeiros que no lo comunicaron, porque mandaron a un chico que nunca viñera por aquí, e o primeiro sitio o que deu, foi na nosa casa. O mandaron para darnos a nova, de palabra.

-¿Cantas vacas teñen?

-Temos trinta vacas grandes, pero non estamos nunha época de moita produción porque nos pastoreamos e está todo seco. Estamos muxindo unhas vinte, que son entre 400 e 500 litros ao día.

-¿Unha semana de marxe non é moi pouco?

-As marxes de maniobra sempre son ilegais. Si a min se me ocurrira decirlle a industria que non me viñera a recoller a leite, tería que avisar con dous meses de antelación e si non a sanción que me meterían sería importante, sen contar polo que tería que pagar de indemnización.

-¿A como están cobrando a leite?

-Nos vendíamos a 27 céntimos máis cantidades, e con iso non estamos cobrando o noso traballo. Saímos o comido polo servido e damos simplemente para pagar as facturas, sen ter beneficios. Baixar dese prezo, sería perder cartos e pagar por traballar. Teríamos que deixar de pagar pienso, de pagar os veterinarios, de pagar as facturas, a non ser que nos de comer á Xunta (ironiza).

-Si Río non da marcha atrás ¿qué les queda?

-Tentar de atopar unha industria, pero o primeiro é que xa hai que mendigar para que che recollan a leite, e os que che recollan vanse querer aproveitar ata o máximo, todo o que podan e máis, aínda que sempre cabe a posibilidade de que o señor Lence recapacite. Fai un ano estabamos vendendo a Río Natura é a leite era moi boa e sigue sendoo porque as vacas e a leite é a mesma. Agora poñen a escusa do transportista que deixou a súa cisterna, que non é da empresa, en Guntín, onde deixaron de recoller a leite fai unhas semanas e lla botaron a perder e di que Lence non lle paga o transporte ata Rodeiro e non cubre custes, pero nos non lle temos a culpa.

-¿A bisbarra qué lle pide?

-Que se solidarice con nós, que o entorno se mova un pouco porque nos pode pasar a calquera en calquer sitio.