Chámome Isabel. Fai pouco tempo tiven a necesidade de estar unha semana no hospital de Santiago e sentinme moi ben, aínda estando convalecente, porque temos un sistema de atención gratuíta que chega a todos.
Os novos atopan carencias pero os da posguerra nos damos conta de que o sistema está ben e temos unha boa atención.
O mellor de toda esta experiencia foi a educación e a amabilidade con que me trataron todos os traballadores desde os médicos, o persoal de enfermería, os celadores e todos os que traballan alí e que demostraron na súa atención moita empatía e humanidade cos que fomos os seus pacientes.
Neses días que estiven no hospital había moitos estudantes de prácticas. Algo que é moi bo porque desta maneira poden ter bos mestres para que sexan bos alumnos e bos profesionais o día de mañá. Quería con estas liñas darlles as grazas a todos e pedirlles que non decaia a súa forma de atender e axudar a quen o necesita.