A incansable Montse

Alba Forno, candidata do PSOE de Lalín

LALÍN

12 may 2023 . Actualizado a las 11:43 h.

Nunha xornada que tiña que ser ledicia, ao grupo socialista asolounos a triste partida da incansable Montse. Foi moito tempo loitando contra a enfermidade sen perder o sorriso e as forzas. Lembramos como hai catro anos estaba deixando os folgos na campaña na que se presentaba o seu compañeiro de vida, Román Santalla. Non houbo labor que se lle resistise, porque así era ela, unha muller loitadora, traballadora e firme defensora do que pensaba.

Ao carón dela nesta loita, Román, quen deixou todos os esforzos nesta pelexa, sen renderse nunca. Honrarao que a antepuxo por riba de todo, a pesares das críticas. Para el os catro anos de concelleiro en Lalín sempre estarán tristemente marcados.

“A nosa Montse”, dicíamos sempre que falabamos dela. Porque ela era unha das nosas, das que sempre estaba para nós e para todos, para axudar en calquer evento, festa, traballo ou viaxe que houbese que facer. Non se lle resistía nada, a pesares de que en moitas ocasións os folgos non fosen os suficientes. Era e seguirá sendo, porque quen permanece nas nosas lembranzas, seguirá para sempre entre nós.

A Román, Dani, Álvaro, Inés e demais familia, dende o PSOE de Lalín trasladámoslle todo o agarimo e forza.

Nunca te esqueceremos e sempre serás lembrada pola túa loita, incansable Montse.