A xira do trixésimo aniversario da banda conta co apoio da Consellería de Cultura
06 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.«A contundencia das súas letras, a enerxía e o humor no escenario converteron esta banda nunha das máis emblemáticas do rock galego». Esta é a opinión que o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, mantén sobre Heredeiros da Crus, a banda nacida no Barbanza que cumpre trinta anos en activo. Rodríguez participou na presentación da xeira de concertos cos que os barbanzáns conmemorarán eses tres decenios ao pe do rego, e incluirá actuacións en Vilanova de Arousa, Catoira, Valga ou Lalín.
O conselleiro salientou que a xira conta co apoio da Xunta, que está a investir tres millóns de euros para potenciar a escena musical en Galicia.