A iniciativa parte do hostaleiro local Tito Castro, celebrarase no restaurante KM 0 e vai destinada a persoas sen recursos
14 dic 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Que ninguén se quede sen cea de Noiteboa, e que se poida disfrutar da mesma ao quente e con outras persoas, é o obxectivo da posta en marcha da primeira Cea Solidaria para Persoas sen Recursos que está artellando o hostaleiro lalinense Tito Castro. Á fronte do Restaurante Kilómetro O (KM 0) de Lalín e para o vindeiro día 24 ofrécese a posibilidade de cun máximo de 40 persoas sen recursos poidan sentarse á mesa de dito establecemento e degustar un menú a base de entremeses variados, sopa de peixe, xarrete estofado, postres caseiros e de Nadal. Para elo, comenta Tito Castro, «teremos que saber con canta xente imos a contar polo que haberá que anotarse antes do próximo día 22 de decembro».
Os comensais que compartan mesa e mantel totalmente de balde no establecemento lalinense na cea de Noiteboa, que terá lugar entre as 20.30 e as 22.30 horas, poden ser de Lalín ou de calquer outro sitio. «Non lle imos pedir a identificación a ninguén. Só queremos axudar a quenes teñen menos. É o propósito deste evento».
Unha iniciativa, que malia a ser a primeira desta índole que se organiza na capital dezá, está a suscitar interese e mesmo varias colaboracións segundo Tito Castro. «Unha carnicería e unha pastelaría do pobo xa se puxeron en contacto conmigo para brindarme a súa axuda para con esta iniciativa que semella que está a ter unha interesante acollida. Agora só resta que aos que vai dirixida acudan á mesma».