«Temos o premio de xogar a promoción»

La Voz

LALÍN

O lalinense Pablo Castro (Lalín, 1982) pechou a tempada regular como máximo artilleiro do Agolada e pichichi do grupo con 25 tantos. Aínda que se converteu no pesadelo dos metas rivais, réstalle importancia, «non son tantos goles».

-¿Os 25 tantos son unha novidade, ou viña movéndose nestes rexistros?

-Viña movéndome nestes números, tanto cando estiven no Lamela, como no Silleda.

-¿Onde está a clave da promoción do Agolada?

-Conseguiuse garzas ao grupo que se creou. Somos un equipo humilde pero con xente que se leva moi ben e sempre disposta; hai unha mistura de xogadores de moita calidade con futbolistas de garra. O apoio da afición tamén foi incrible; o pobo está volcadísimo co equipo.

-Xogaron en Santiso ata case o remate dunha tempada na que o equipo rexistrou altibaixos. ¿Influíu?

-O campo de Santiso é moi reducido, e unha vez que nos adaptamos a el, case pode que nos favorecera. A nivel de resultados sufrimos un baixón, pero non polo campo.

-¿E o cambio de adestrador?

-Foi unha decisión consensuada entre xogadores e directiva porque estabamos caendo na desidia, tratábase de cambiar a dinámica, aínda que os resultados eran bos. As primeiras semanas tralo cambio modificáronse cousas que non acabamos de encaixar, pero logo fomos a mellor. Cando vimos que había oportunidades de xogar a promoción acordamos que tiñamos que ir a por todas, e así foi.

-Van a ir a pola promoción.

-Hai que tentalo. Xa temos o premio de xogala, agora imos pelexar por gañala.