lalín | A paixón polo deporte e pola súa parroquia, Vilatuxe, foron dúas das razóns que empurraron a Miguel Ángel Medela a organizar na praia fluvial o primeiro torneo de fútbol praia que se organiza en Lalín.
-Cómo se lle pasa a un pola mente organizar no interior de Galicia un torneo de fútbol praia?
-Pois foi porque cando nos dixeron que ían a arranxar a praia fluvial, e que se ía instalar unha zoa de area, pensei que era unha boa opción xogar ao fútbol praia. Ía por alí cando estaban botando a area, así que achegueime ata o concello para expoñer a posibilidade do torneo.
-E déronlle para diante á idea?
-Sí. Portáronse moi ben. Toño e Camilo axudáronnos, porque ademáis fixeron falla tres trailers de area.
-E tivo axuda para comezar a organizar o torneo?
-Somos unha pandilla de amigos que estamos aí metidos. Entre todos levamos as inscricións, os resultados e todo iso. Ademáis, tamén colaboraron con nós os de Oneil, que facilitaron os petos, os trofeos e os balóns, e tamén nos bota unha man o árbitro. Agradézolle moito a colaboración a todo o mundo.
-E qué balance fai ata o momento do torneo de Vilatuxe?
-O balance é bo. Este é o primeiro, e non somos moitos equipos, pero unha vez comezou o torneo, xa tiña outros catro para participar. A próxima edición estou seguro de que terá moito éxito, porque xa contamos coa colaboración de máis xente. Quédannos ganas, e para o ano será un torneo grande.