O equipo podería quedar sen Aser para o que resta de tempada Durán, Rubén e Porto entrarán na convocatoria, e Josiño voltaba onte a adestrar
01 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.? Portadeza de Primeira Nacional deberá afrontar o seu encontro co Boadilla no exilio, e sen alomenos tres xogadores. O equipo de Budi non poderá contar esta semana con Roberto Granja, Roberto Álvarez nin Aser. Precisamente este último podería ser baixa polo que resta de tempada segundo indicou onte o seu adestrador. O xogador deberá pasar martes polo quirófano tras sufrir o pasado sábado un golpe na nariz que lle provocou unha fisura. Segundo indicou onte Budi, as primeiras estimacións marcanlle a Aser un período de tres meses antes de voltar a xogar, o que significaría non poder contar co balonmanista o que resta de tempada. Á baixa xa agardada de Aser, sumouselle o mércores a de Roberto Granja. O xogador está aqueixado do abductor, e será baixa 15 días, o que significa que Budi non poderá contar con él para o partido fronte ao Boadilla, nin fronte ao Canario Cátering. A ausencia de Roberto Granja deixarase sentir máis aínda se cabe, dado que é o único pivote nato do que dispón o equipo trala marcha de Antío. A terceira ausencia confirmada para o encontro de mañá é a de Roberto Álvarez, aqueixado dunha amigdalite que lle impedirá xogar na pista estradense. Como non todo van ser ausencias, semella que finalmente Durán, Rubén e Josiño sí estarán dispostos para mañá. Durán e Rubén xa asistiron ao adestramento de mércores, e Budi agardaba que Josiño se sumase á sesión de onte. Porto, que nun principio podía ser baixa por mór dun compromiso persoal, finalmente estará á disposición do técnico lalinense, que ve como as baixas azoutan ao equipo xusto cando estaba a recuperar a senda do trunfo. Pavillón Mañá o Portadeza desputará en A Estrada o encontro correspondente á xornada 17 do campionato de Liga. O Balonmán Lalín agarda que o partido contra o Canario Cátering xa se poida xogar na pista lalinense trala celebración da gala do Cocido. Para adestrar, o conxunto de Primeira Nacional podería botar man da pista do pavillón comarcal.