No Concello de Lalín formalizáronse 22 solicitudes para celebrar outras tantas lumeiras. En Trasdeza haberá 24 e, en Vila de Cruces, 9. Os membros da Asociación de Veciños Minas da Brea, do poboado mineiro de Fontao, tamén organizan unha festa que comezará ás 22 horas e na que se poderán degustar sardiñas e pan de millo de balde. A música correrá a cargo de O Arco de Merza. Tamén as Mulleres Rurais de Piloño celebran a primeira sardiñada no local social, dende as 22.30 horas, con concurso de postres incluido e a comisión de festas de Cruces fará o propio ao carón do campo da feira. Cerdedo celebrará o solsticio de verán cunha lumeira no entorno da praia fluvial. A fiesta comenzará ás 21.30 horas e estará amenizada polo dúo Malecón. Haberá sardiñas asadas, churrasco, pan de millo e de centeo e viño do país para os asistentes. En A Estrada, haberá sardiñada e café ferrado organizado pola Unidade Veciñal na rúa Muíño e outra lumeira en Ouzande organizada por A Fervenza.