25 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.
A xornada da fin de semana tinguíuse de negro para o C.B. Lalín. O conxunto xuvenil masculino dixo practicamente adeus ás súas aspiracións de xogar o sector nacional, logo da súa primeira derrota na casa da tempada a mans do Cisne: 19-23. Dúas victorias e tres derrotas son o seu balance na primeira volta da Liga Galega. O filial de Segunda Nacional caeu 26-25 en Pontedeume e o xuvenil feminino 20-31 a mans do potente Bueu Atlético. Só salvou a xornada o alevín B, que superou 6-2 á S.A.R.