«Neste proxecto formativo mezclamos teoría e práctica»

Amelia Ferreiroa lalín

LALÍN

03 feb 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

Por segundo ano consecutivo o Concello de Lalín conta cun obradoiro de emprego no que traballan preto de cincoenta persoas. -¿Como se presenta o proxecto para este ano? -No parque de Penatoares e na carballeira de O Rodo,... -En Penatoares farase unha reposición de bancos e reestructurarase a zona de xardín que hai alí. En canto á carballeira de O Rodo construiremos un muro de mampostería. -¿Pódese falar dunha data determinada para o remate destes traballos?-Só podemos lembrar que dispoñemos dun ano para facer os traballos pero o tempo que precisaremos para cada actuación non se pode predecir. Todo dependerá da climatoloxía e da disponibilidade que teñamos á hora de contar coas máquinas grandes para facer o traballo pesado. Agora mesmo os alumnos están podando en Mouriscade, facendo recolledores e corcheiras e fabricando os bancos para Penatoares.