A comisión de festas lalinense xa empezou a recadar en comercios, empresas e domicilios da vila
28 ago 2001 . Actualizado a las 07:00 h.En setiembre toca pagar. As fetas das Dores achéganse e a comisión de festas xa empezou o recadamento. Como tódolos anos, os encargados da organización, que este ano son varios membros da hostelería e o comercio, recorren os domicilios e comercios da vila para pedir os donativos. «O traballo da comisión é duro hai que ir de casa en casa pedindo», di Aberto Senande, membro da comisión organizadora das festas patronais. Ademais, hai que sumarlle outro inconveniente, «a maioría das veces tes que ir dúas ou tres veces porque ou non está o xefe, ou non te poden atender», asegura Alberto. Nestas datas xa hay recadados dous millóns de pesetas dos cinco que se soen xuntar da colaboración cidadana. Ademais, a comisión de festas ten pensado sacar á luz o xa tradicional libro das festas e as coloridas pañueletas, con un slogan moi significativo, «Axúdanos a tirar do carro». Unha frase que non deixará indiferentes a aqueles veciños máis remolóns á hora de pagar para os festexos. Porque xa se sabe que sen cartos non hai romería posible e menos coas festas que prepara Lalín. O cartel das Dores presénase moi variado porque como di Alberto Senande, «na festa ten cabida todo tipo de público». Actuacións Entre Siniestro Total, Mercedes Peón, Pedro Guerra e as actuacións de orquestras e bandas hai lugar para todos. Mentres os máis rockeiros poderán disfrutar da mítica «Miña terra galega«, os amantes do baile non dubidarán en danzar coa orquesta. Eso sí, antes de que cheguen as Dores hai que recuperarse das vacacións e sacar os aforros do peto.