AMELIA FERREIROA. A ENTREVISTA. Emiliano García Méijome, vocal de hostelería da Asociación de Empresarios de Deza Quince persoas vencelladas ó sector da hostelería de Lalín están a participar no curso de cociña creativa que promove a Asociación de Empresarios de Deza e que está homologado pola academia Minerva. Curso que solicitara o vocal de hostelería, Emiliano García Méijome, para formar a tódolos profesionais hosteleiros.
17 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.O lalinense Emiliano García Méijome solicitou á directiva a celebración de cursos de formación. Recentemente comenzou un de cociña creativa._¿Por qué un curso destas características?_Pretendemos dar unha formación continua ós hosteleiros e de ahí este curso._¿Existe unha falta formación neste sector?_Temos que pensar que a hostelería foi un boom de aperturas contínuas de tódolos tipos pero normalmente abres con moita ilusión pero fáltache formación. Queremos cubrir esa praza, promocionar a unión do sector polo ben de todos e non só unirnos para os problemas senón para a evolución dos nosos negocios._A resposta dos hosteleiros para organizar as festas de Lalín foi negativa..._Na AED somos moi poucos os hosteleiros que estamos aínda e penso que é porque a xente escápalle ós temas organizativos. É un camiño lento pero se facemos cousas e traballamos chegará un momento no que a hostelería poderá organizar actividades diversas._¿Cáles son os problemas do sector?_Estamos a sufrir a presión do canon da Sociedade General de Autores de España xa que se están facendo citacións xudiciais porque nos reclaman o pago dos medios audiovisuais nos establecementos. Estamos a analizar o tema coa Unión Hosteleira Galega._¿Cál será o pago?_O canon non é o mesmo para todos. Todo depende do uso que fagas dos aparatos pero todo apunta a que teremos que pagalo porque xa se está a facer en tódolos países de Europa.