Os Cantos de Taberna reúnen este sábado a sete grupos nos bares da Estrada

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

21 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Estrada acollerá este sábado unha nova edición do programa Cantos de Taberna. Participarán sete grupos: os estradenses De Cotío, De Tazas, Cousobares e Regatos e os convidados Son da Illa (A Illa de Arousa), Os Firrás (O Grove) e Devagarinho (Compostela). A partires das 12.30 horas animarán coa súa música e os seus cantos os bares participantes: Mesón da Estrada, Pulpería Porta, A Plazoleta, 20 Berzas, O Candil, A Riala, O Paradero e Enredo.