Xosé Luna gaña o Avelina Valladares de poesía

O. P. A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

O poemario foi presentado baixo o lema «O tempo entre as mans»

17 sep 2020 . Actualizado a las 14:28 h.

O estradense Xosé Luna Sanmartín vén de gañar a vixésimo cuarta edición do premio de poesía Avelina Valladores, co traballo presentado baixo o lema «O tempo entre as mans». O xurado, que se reuniu na mañá de hoxe xoves na casa do concello da Estrada, destacou que se trata dun poemario premiado pola súa coherencia e emprego dun léxico rico, variado e moi ben escollido. Engade o xurado que «recupera palabras pouco habituais, seleccionadas pola súa sonoridade e connotacións», con referencias a lugares da contorna estradense e territorios cercanos. Apuntan ademais a forte carga emotiva e sentimental de moitos dos poemas, adicados a figuras cercanas como a nai, ou a pequenos momentos que marcan fitos importantes na vida da voz poética. O xurado estivo integrado por Sindo Villamayor, Rosalía Morlán, David Otero, Esteban Folgar e Noni Araújo, como secretaria.