Nao encabeza o cartel do Treboada Fest

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

A ESTRADA

Sandra Alonso

O festival se desenvolverá en Cambados, o 25 e 26 de xaneiro, no salón José Peña

20 ene 2019 . Actualizado a las 21:29 h.

Catorce anos despois da súa fundación, a traxectoria de Nao chega á súa fin. Os catro da Estrada deixan a banda por decisión propia cun derradeiro disco, Ata Que O Lume Se Apague, e unha derradeira xira que a vindeira fin de semana recala en Cambados.

Nao encabeza a segunda edición do Treboada Fest, que se desenvolverá o venres e o sábado no salón José Peña. Os abonos para os dous días custan dez euros, mentres que a entrada para cada unha das xornadas está nos sete euros. É posible durmir a noite intermedia, de cámping gratuíto, no pavillón do colexio Os Olmos. Os John Deeres, TNT Band, Amenaza de Muerte, Lisdexia, Flava Bowl, Particle e Treboada comparten coa xente de Jasper un poderoso cartel.