O combinado galego de bádminton mellorou respecto ao ano pasado Os dous conxuntos de Galicia caeron fronte aos representantes de Madrid e País Vasco
06 dic 2005 . Actualizado a las 06:00 h.A participación das seleccións galegas júnior e absoluta no Campionato de España de seleccións saldouse con dous cuartos postos nas dúas categorías. O equipo júnior , do que formaron parte os xogadores do C.B. A Estrada Pablo Carollo e Óscar Piso caeu na última rolda fronte ás seleccións de Madrid e País Vasco por 3-0 e 3-0 en dous partidos cos puntos moi desputados. A sorte que correu o equipo absoluto, comandado por Rodrigo Sanjurjo e formado integramente por xogadores do club da Estrada, foi similar á júnior : perderon fronte ao conxunto de Madrid por 5-0 e fronte ao País Vasco, na loita polo terceiro posto, por 3-2. Así os resultados, os dous cuartos postos acadados polos respresentantes galegos na súa participación no interrexional en Huelva mellora os resultados da pasada edición, onde os absolutos finalizaran quintos. Vantaxe engadida Onte Rodrigo Sanjurjo amosábase moi satisfeito polos resultados obtidos en Huelva, e destacaba o bo nivel ao que se atopa o bádminton galego, á altura do andaluz, do madrileño ou do vasco. Os cuartos postos firmados no Campionato levan ademáis unha vantaxe engadida para a próxima edición. Os catro primeiros conxuntos de cada edición non teñen que desputar a fase previa clasificatoria o seguinte ano, tendo así acceso directo á segunda rolda sen ter que desputar a primeira fase. Isto supón un aforro de enerxías e de cartos, xa que os participantes non teñen que estar alí o primeiro día de competición.