Difícil compromiso do Enredo frente a un Benavente en racha

Pablo Penedo Vázquez
Pablo Penedo A ESTRADA

A ESTRADA

O cadro leonés chega ao Coto Ferreiro con tres victorias consecutivas O Concello da Estrada di que non vai manifestarse sobre o conflicto con Galisec

15 oct 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

?e volta no Coto Ferreiro trala súa visita ao Santiago, o Enredo recibe hoxe (19.30 horas) a un Atlético Benavente encaramado na segunda praza da clasificación cunha derrota e tres victorias. O conxunto castelán-leonés chega á Estrada en plena racha. Despois de caer no seu desprazamento á cancha do Consega Troula na xornada inaugural de Liga (4-2) sumou 9 puntos en tres axustados choques co Mieres Tucán (7-5), Bembibre (5-6) e, hai sete días, ante o Ponferrada XXI (6-5). O plantel local dispón de oito efectivos contados, seis de pista, ante a sanción de catro partidos que a Federación lle impuxo o pasado xoves a Álex, ata o momento máximo goleador do Enredo. O equipo da Estrada xa está habituado a medirse aos seus rivais con poucos efectivos e conservar, nembargante, a imbatibilidade (dúas victorias e outros tantos empates). Mais non se sabe canto tempo poderá manter esta situación sen a chegada de reforzos. Polo de pronto, hoxe tentará seguir escalando na táboa. Por outro lado, nin a xestora do club nin o Concello quixeron referirse onte ás últimas acusacións de Galisec. A xestora, tras dar por pechado o tema o pasado martes. O Goberno municipal, a través do edil de Deportes, José Antonio Maceira, apuntando que «non imos facer ningún comentario porque esta é unha guerra que non lle compete ao Concello. O Enredo é unha entidade privada á cal o Concello só lle da unha subvención, e o Concello non se mete en asuntos privados».