Berres celebra este domingo a clausura do Ano de Avelina e a inauguración do de García Barros
DEZA
O vindeiro domingo, día 16, ás 16.30 horas, o teleclub de Berres acollerá un acto cultural organizado por O Recuncho da Lingua para clausurar o Ano Cultural de Avelina Valladares e inaugurar o Ano Cultural de García Barros.
Os nenos de Berres serán os protagonistas, coa lectura de textos e unha ofrenda floral en homenaxe aos autores de Berres.
A continuación, o profesor e escritor Carlos Loureiro falará do escritor Manuel García Barros, Kenkeirades, para situar ao auditorio na súa vida e a súa obra.
O acto completarase coa actuación musical de Francisco Castro, que ofreerá un concerto no que a música servirá para unir a memoria e a cultura.
Club de lectura
Deseguido os asistentes poderán gozar dun momento de convivencia arredor das castañas asadas e deixar organizado un club de lectura interxeracional de Manuel García Barros para o 2026, ano do seu 150 aniversario.
Con este acto O Recuncho da Lingua pretende seguir coidando o patrimonio cultural e manter viva a memoria dos autores do Ulla.