11 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.
A asociación cultural Garatuzas conmemora hoxe o Día das Letras Galegas cunha visita ao mosteiro de Carboeiro. Arrincará cunha actividade didáctica, un espectáculo de monicreques na Ponte do Demo e xogos na natureza. Despois dun xantar campestre haberá unha actuación musical da man do grupo de gaitas O Arco de Merza.