Homenaxe hoxe ao notario Victorino Gutiérrez Aller

La Voz

DEZA

05 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Irmandade Xurídica Galega tributará hoxe unha homenaxe a Victorino Gutiérrez Aller, falecido no 2024, quen foi un gran dinamizador da lingua galega no ámbito notarial. Foi o autor no 1998 do formulario notarial. O acto terá lugar ás 13.30 horas coa descuberta dunha placa conmemorativa no número 8 da rúa Principal, onde está emprazada a notaría que xestionou. O Concello e Xunta apoian o acto de hoxe.