Recoñecemento a Xosé Luna en Zúrich

La Voz

DEZA

O escritor e mestre estradense Xosé Luna foi distinguido nun acto organizado pola Asociación Cultural As Xeitosiñas de Zúrich. Un colectivo de galegos residentes en Suíza que leva 43 anos difundindo e enxalzando a cultura galega no país helvético. Fixeron entrega a Luna do Diploma de Honra da entidade. Neste acto participaron, entre outros, o Consejero de Educación de Berna, Antonio Serrano, o presidente de As Xeitosiñas e o Cónsul de España en Zürich, Francisco Rabena.