A estradense Noa Cabaleiro gaña o concurso de videopoemas da Casa-Museo Manuel María

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Cedida

12 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A estudante do instituto Número 1 da Estrada, Noa Cabaleiro Ribadulla, gañou o concurso de videopemas baseados en obras de Rosalía de Castro e Manuel María na súa sétima edición. A súa creación chámase A xustiza pola man e obtivo un dos premios outorgados neste certame que convoca a Casa-Museo Manuel María. Este año foron doce os traballos finalistas entre os máis de medio centenar presentados por distintos centros educativos de toda Galicia. A entrega dos galardóns foi onte en Outeiro de Rei. O outro premio recaeu no videopoema Negra Sombra, elaborado por alumnos do CPR Santiago Apóstol de Narón. Tamén houbo un accésit por Rosas para Sofía Regueiro, do IES Monelos.

O xurado destacou do videopoema da estudante estradense o seu «sobresaliente interpretación da protagonista cuns planos que transmiten plenamente a variedade de emocións que transitan o poema; pola plasticidade das imaxes e un ritmo na montaxe que contribúen moi notablemente a conducir e achegarnos á palabra literaria».