Rosalía florece en todos os formatos posibles

La Voz A ESTRADA, LALÍN / LA VOZ

DEZA

cedida

24 feb 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A comarca enteira festexou onte o Día de Rosalía con actos de todo tipo. Na Estrada, o Concello estreou un videoclip realizado en colaboración cos centros educativos da vila en homenaxe á poetisa galega. Leva por título Aí vai a tola soñando e foi realizado e filmado por Lucas Terceiro, cunha canción composta e interpretada para a ocasión por Gabriel Blanco (Plan Siberia) que pon música a un poema de Rosalía. O traballo conta cunha coreografía creada pola bailarina Jacqueline Reimúndez e bailada por alumnos de distintos centros escolares da Estrada. O vídeo foi presentado onte á noite nun acto no Teatro Principal no que tamén houbo un recital de poemas e no que Gabriel Blanco interpretou o tema en directo.

No CEIP do Foxo houbo lectura dun manifesto e dunha biografía de Rosalía, poemas, cancións e unha plantación de pensamentos de cartolina con mensaxe no Xardín da Poesía. En Rodeiro púxose en escena o espectáculo músico-teatral A musa dos pobos.