Ramón D. Veiga e Manuel López Rodríguez foron os gañadores do Premio Arume de Poesía

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

E CUIÑA

25 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O poemario Plarapluie de Ramón D. Veiga e A for da letra, de Manuel López Rodríguez, resultaron gañadores do Premio Arume de Poesía para a Infancia que promove conxuntamente a Fundación Xosé Neira Vilas, a asociación Gálix e a empresa Deleite. As obras premiadas serán publicadas pola editorial Embora. As dúas comparten, en opinión do xurado, unha mesma arela provocativa, arriscada e de notable creatividade.

Mentres que Ramón D. Veiga xa conta cunha boa cantidade de obra infantil, para Manuel López esta é a súa primeira incursión neste campo. A súa obra, apuntan dende a Fundación Neira Vilas, «constitúe unha singular homenaxe á poesía establecendo un diálogo con poetas relevantes na nosa literatura» explicando que «o ritmo introdúcenos nunha proposta unitaria, cunha rica linguaxe conceptual e variados recursos que nos conducen á oralidade e participación coral».

Plarapluie, apuntan, «é un libro divertido e provocador no que se busca a risa pola extravagancia e a complicidade cos pequenos lectores e lectoras». Una obra, engade a Fundación, «cunha linguaxe áxil e de calidade, na que os recursos poéticos están moi ben empregados e a sonoridade envolve os versos». O premio Arume retoma un galardón creado hai vinte anos por Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas.