
16 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.
O CEIP Villar Paramá de Vea festexou o venres o Día das Letras Galegas con bailes tradicionais galegos nos que actuou tanto o alumnado como o profesorado do centro. Tamén houbo actuación do artista noiés Serafín Marcos, que fixo un percorrido pola vida e obra dos escritores Xela Arias e Ricardo Carballo Calero.