«En Canadá hai moita menos carga curricular e moitas optativas»

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

DEZA

Cedida

Acaba de chegar de Canadá tras unha estadía dun mes como observador nun instituto de Ottawa

29 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Xosé Manuel García, profesor de Educación Física do IES Laxeiro acaba de chegar de Ottawa, en Canadá, tras unha estadía dun mes como observador. Un desprazamento que se materializou a través do Programa Integral de Aprendizaxe de Linguas Extranxeiras (PIALE) da Xunta de Galicia. Era a segunda vez que vivía esta experiencia en Canadá, aínda que mudou de cidade e de zona. A outra vez foi case polas mesmas datas alá polo ano 2015.

Nesta ocasión o seu centro foi o Bell High School que, explica, ten rapaces de sétimo o duodécimo grao, que sería como a nosa Secundaria e primeiro e segundo de BAC e está na capital do país en Otawa, mentres que fai catro anos estivo en Montreal. Lembra que as dimensións do país son outras e sinala que as provincias teñen moita máis autonomía e competencias en diferentes cuestións como é o caso da educación. A súa misión era de observador, o carón sobre todo dun profesor de Educación Física. Estivo en clases desta materia, axudando en actividades diversas e tamén en clases de idiomas, neste caso as de inglés.

A experiencia serve, apunta, para «aprender boas prácticas e tamén para ver que nos facemos cousas que están ben». En cando as diferenzas explica que «os rapaces alí teñen moita menos carga curricular, hai moita especialización e moitas optativas». O sistema, apunta, «é de créditos cuns mínimos en inglés, matemáticas e outras materias, un pouco como aquí na Universidade». Os horarios tamén son diferentes. «teñen catro períodos diarios de 75 minutos co lunch ás 12.00 horas e nas clases teñen poucas materias, catro ou seis fronte as 10 como mínimo que teñen aquí», engade. O centro onte estivo ten preto de 1.200 alumnos e unhas instalacións deportivas acordes o tamaño «cun palacio de xeo con pista de hóckey sobre xeo, un ximnasio, un campo de fútbol, un de béisbol... pero non tiñan pantallas interactivas nas aulas, por exemplo», precisa. A sociedade é diferente e «alí os rapaces son máis tranquilos, o ocio é diferente, non se fai vida na rúa como aquí e os exñamenes evalúan menos, conta máis os traballos e outras tarefas. Alí ademáis os rapaces teñen que facer labouras sociais, cousa que aquí non».

Una sociedade multicultural na que di, «hai moita xente da zona de Oriente, e moita de Asia, algúns ían un ano e unha boa parte de xente que emigrou no seu día ó país». Tamén atopou, conta, a algúns españois que ían a facer tres meses de Secundaria: un catalán, tres canarias e unha rioxana, que lembre, pero ningún galego. Ían con bolsas para perfeccionar o idioma e ter esa experiencia no estranxeiro.

Xosé Manuel García destaca que «hai moita diversidade e respetáse moito a identidade, de feito si houbera un grupo de galegos, impartirían galego para que non perderan as súas raíces».

As clases comezaban ás 8.55 horas e a saída era as 15.10 ou 15.15 horas. Os fines de semana os aproveitou para coñecer outras zonas do país e a xente. En canto o novel de vida sinala que «favorécenos o euro, aínda que segue sendo moi caro, pero o nivel é equiparable porque alí os soldos son máis altos».

Destaca os beneficios de estas experiencias que sempre serven para mellorar a comunicación en inglés. Esta vez, di, «puiden ir porque houbo unha vacante». Seguro que terá moito que contar os seus alumnos.