A USC medra

Xosé M. Villanueva

DEZA

AUSC aprobou as liñas xerais do seu orzamento para o 2016 cun incremento do 7,5 %, que implica unha previsión de case 15 millóns de euros máis que no 2015, dos que 12 correspóndense con ingresos captados ao marxe das subvencións da Xunta. A USC está sometida a un Plan Económico-Financeiro de Reequilibrio para saír dunha mala situación económica, xa que arrastra un déficit acumulado de 14 millóns e unha débeda preto dos 50. Sen embargo, este compromiso ineludible non pode converterse nunha estratexia monopolizadora, senón que debe combinarse cun proceso que permita crecementos constantes das nosas capacidades para lograr que nun período razoable esteamos nunha situación saneada e sigamos sendo unha referencia no sistema universitario mundial.

No 2016 conseguirase iniciar esta senda de crecemento por dúas razóns fundamentais: en primeiro lugar, porque dispoñemos dun novo escenario financeiro de ingresos públicos, establecido polo Plan Galego de Financiamento Universitario, e logramos axustar aínda

máis os gastos diarios. En segundo lugar, porque os bos resultados obtidos na captación de recursos, fundamentalmente en investigación, e a mellora da captación de estudantes que inician estudos na USC, permite falar do éxito derivado do enorme esforzo que fan os nosos e as nosas docentes e investigadoras, o noso persoal de administración e servizos e, por suposto, o noso estudantado.

Falamos, en definitiva, de 214

millóns de euros de orzamento que servirán para atender mellor as nosas necesidades de persoal, aos investimentos necesarios continuar co proceso de modernización da universidade e para garantir que todos os estudantes atopen na USC a súa mellor opción de futuro.