Elaborou un plan piloto de compostaxe para o rural lalinense que será analizado mañán en sesión plenaria
25 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.A suba importante que os concellos terán que afrontar pola entrada de lixo a Sogama fixo que o biólogo e técnico de medio ambiente do Concello de Lalín, Xosé Manuel Méndez, elaborara un plan piloto de compostaxe no rural que será debatido na sesión plenaria deste luns.
-¿Cal son os obxectivos que se buscan coa entrada deste plan?
-Os concellos por enviar o lixo a Sogama teñen que pagar, e agora máis, e con este plan se reducirían as viaxes alá ao retirarse a parte orgánica dos contenedores. A reducción sería da metade co conseguinte aforro que iso suporía.
-¿Como pensan artellalo?
-A idea é coller un grupo de casas ou parroquia, e en cada vivenda ubicar un composteiro no que se depositarán todos os orgánicos. Unha vez que se demostre que isto funciona se levaría o plan a todas as parroquias do municipio. Tamén está pensado poñer en funcionamento un composteiro comunitario no que os cidadáns poderán botar os orgánicos e logo o compost que se xenere iría destinado aos xardíns municipais ou a horta da escola taller. Contarase cun grupo de asesores que irán polas casas para ver o funcionamento dos composteiros e asesorar e solventar as dúbidas que poidan ter os usuarios.
-¿Cales son os beneficios deste tipo de compostaxe?
-Co composteiro lógrase un abono de primeira, coma o que se merca nas tendas de xardinería, e aforro. Aí teñen cabida as mondas de laranxa, as pranas das patacas, aceites de comer, restos de podas, follas, herba... Todo iso ten que fermentar e de aí sairá o compost para uso na horta ou no xardín. Se está moi seco haberá que botarlle auga e se está moi apelmazado será preciso airealo e botarlle, por exemplo, un chisco de palla. Aos sete meses estará o abono feito e o composteiro, ao ter distintas partes, se pode abrir para sacar abono e continuar botando orgánicos.
xosé manuel méndez biólogo