«A miña obra está en continuo movemento»

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

DEZA

Fondevila leva un ano traballando tamén a madeira e a pedra.
Fondevila leva un ano traballando tamén a madeira e a pedra. míguez< / span>

Participa en «Cores con Palabras» en Santiago logo de gañar en Miami o Premio Herencia Hispana en América

03 dic 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Creacións pictóricas de José Antonio Fondevila chegaron nestas últimas semanas ata Dubai, Miami, Madrid, Pontevedra e Santiago á agarda de colgar unha exposición individual na zona que se lle ven pedindo ao artista dende varios concellos.

-No vindeiro ano tentarei facer unha individual en Silleda, onde levan tempo pedíndoma, e tamén en A Estrada. Para elo preciso dun pouco máis de tempo para crear.

-A súa obra estase a consolidar fóra de España, máis concretamente nos Estados Unidos, onde acaba de acadar dous importantes premios...

-Tiven a sorte de acadar en Miami (Florida) o primeiro Premio Herencia Hispana en América, que é un certame internacional que organiza o Museum of the Americas, coa obra «Presencia Felina». Logo quedei no segundo posto noutro certame internacional no que participamos sete artistas doutros tantos países, e eu representando a España. Nese caso tiñamos a nosa disposición un espazo que podíamos encher cunha obra ou coas que consideraramos. Eu levei un total de cinco obras que pertencían á serie de abstracción titulada «Improvisacións de decembro». O premio era promocional e a miña obra foi a parar a unha importante feira de arte que se celebra en Dubai.

-Exposicións en Pontevedra, Madrid e Compostela...

-A miña obra está en continuo movemento. Cadros da serie que fixen sobre o tempo estiveron, xunto a traballos doutros oito artistas contemporáneos luso galaicos, no Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra. Por outra banda participei nunha colectiva en Madrid, que se celebrou na Casa de Cantabria, e que organizou Alterarte e agora mesmo teño lienzos na mostra «Cores con Palabras», que está aberta na sala de exposicións do Araguaney en Compostela. É unha mostra, integrada por corenta pezas, que promove a Asociación Galega das Artes.

-Recentemente puidemos ollar as súas primeiras esculturas, ¿pintura ou escultura?

-Estou máis metido na pintura. A escultura é outra forma de expresión e tamén me atrae. Levo un ano facendo algunhas pezas que xa se puideron ver nun par de exposicións, no museo lalinense e no Cepforart.

josé antonio fondevila artista silledense