O museo reviveu para ser malla

P. V. LALÍN / LA VOZ

DEZA

miguel souto

A Casa do Patrón de Doade doulle contido real a una das súas secións

01 sep 2013 . Actualizado a las 07:00 h.

Os museos atesouran e fixan a historia en salas. «Esto servía para ...». En Doade de Lalín, a Casa do Patron faino con varios milleiros de elementos etnográficos que permiten visualizar o medio rural que nos precedeu. Pero cada certo tempo Manuel Blanco dalle una volta de tuerca o seu museo e fai revivir as pezas. Onte fixo, e xa son catorce anos, cunha seción das más agradecidas pola sua vistosidade: a malla. Ya non se usou o «esto era para...» senon «esto e é... en vivo como fai anos. Na eira de Codeseda ducias de agricultores ataviados para a época recuperaron fielmente este oficio e a sua modalidades á pedra, con males e a máquina. Non falta peza ninguna para ir facendo a transformación de mollos a palla e gran. Todo para ter palleiro e graneiro. Para ter pan para a xente a fibra para as vacas.

É un espectáculo, zafarancho total, laudo ós antergos e etnografía revivida con expertos mestres de parroquias... Un que vixiaba motor e metía palla á máquina era Maximino de Maxideza, e non lle iba a zaga o veterano pai do concelleiro José Antonio Rodríguez que concurreu a malla. O alcalde, José Crespo, incorporaríase máis tarde. E, na área política tamén, acudeu o edil Camilo Conde. Román Santalla ocupado en andar detrás dos políticos para que anden detrás dos xabaríns sumouse a festa da malla.